Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba o novo plan de residencias: 25 novos centros e 1.800 prazas

A Xunta aproba o novo plan de residencias: 25 novos centros e 1.800 prazas

Rueda destaca que o plan permitirá dotar do servizo residencial vilas que nestes momentos non o teñen e crear un milleiro de postos de traballo

G24.gal 14/09/2026 13:55 Última actualización 14/09/2026 14:54

O Consello da Xunta aprobou este lun o novo plan de residencias que vai permitir crear 1.800 prazas, das que como mínimo o 60 % serán públicas.

Segundo o plan, avanzado no Debate do Estado da Autonomía de 2025, poñeranse en marcha 24 novos centros residenciais en concellos de menos de 25.000 habitantes, amais do de Ribeira xa comprometido.

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ademais de dotar deste servizo a localidades que nestes momentos non o teñen, permitirá cear un milleiro de postos de traballo.

A medida, segundo sinala a Xunta, enmárcase no obxectivo de impulsar 3.500 prazas residenciais nesta lexislatura, da que asegura que a metade xa están en marcha.

Segundo explicou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, o proceso para construción e posta en marcha desta rede residencial vaise facer por lotes. Serán en total 12 lotes formada por unha residencia principal, con máis de cen prazas, e outra satélite, de menor tamaño, "co obxectivo de optimizar recursos".

Os concellos teñen un mes para sumarse ao plan e un ano para ceder a parcela na que se debe construír o centro.

Segundo García, o procedemento para a selección das localidades elixidas fíxose seguindo criterios de demografía, envellecemento e, sobre todo, "non desarraigar as persoas maiores da súa contorna". Así a elección fíxose entre concellos de menos de 25.000 habitantes, que non dispoñían de prazas públicas para persoas dependentes e que non se beneficiaran de plans anteriores similares.

A conselleira detallou que os concellos nos que se instalarán serán na provincia da Coruña o do Porto do Son, como residencia princial, e o de Outes, como satélite, e respectivamente Mañón e Cariño, Carnota e Cabana de Bergantiños, e Oza Cesuras e Carral. 

Na provincia de Lugo serán no Corgo e O Páramo como satélite, e no Saviñao e Folgoso do Courel.

Na de Ourense será nos concellos de Ribadabia e Castrelo de Miño, San Cibrao das Viñas e Toén.

E na de Pontevedra, en Porriño e Baiona, Sanxenxo e Cambados, Marín e Moaña, e Arbo e Padrenda, sendo este último lote o que alcanza a dous ámbitos provinciais.

A construción da de Ribeira xa comprometida queda fóra dos lotes, e farase nunha nova localización logo de descartar a prevista tras un cambio lexislativo motivado polos sucesos da dina de Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade