Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridas dúas persoas tras colidiren tres vehículos en Sanxenxo

Feridas dúas persoas tras colidiren tres vehículos en Sanxenxo

Un dos turismos invadiu o carril contrario e bateu contra outros dous á altura do cemiterio de Noalla

O accidente provocou importantes retencións na zona

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 26/06/2026 12:19

Dúas persoas quedaron feridas nunha colisión múltiple rexistrada na autovía do Salnés, á altura do cemiterio de Noalla contra as 11:00 desta mañá. Un vehículo que circulaba en dirección a Sanxenxo invadiu o carril contrario golpeando o lateral dun turismo e embestindo outro.

Como consecuencia do impacto, dous condutores quedaron feridos. Ata alí se desprazaron efectivos dos Bombeiros de Ribadumia, o GES de Sanxenxo, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Policía Local.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que foi necesario liberar o ocupante dun dos vehículos sinistrados. Desde alí foi trasladado ao hospital. O seu estado non reviste gravidade.

O accidente provocou importantes retencións na zona, segundo informa a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade