Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico recrea un accidente de tráfico cun camioneiro que foi acusado de homicidio en Pontevedra

Tráfico recrea un accidente de tráfico cun camioneiro que foi acusado de homicidio en Pontevedra

Á reconstrución acudiu a xuíza, o fiscal e a letrada da Administración de Xustiza

Servirá para tratar de esclarecer como se produciu o accidente 

G24.gal 28/06/2026 16:42

Esta fin de semana celebrouse a reconstrución dun accidente que se produciu na rotonda do Vao no mes de abril pasado, na PO-531, en sentido Vilagarcía. No suceso un home, de 48 anos apareceu tirado na estrada despois de que, presuntamente, un camión o levase por diante e non parase para socorrelo.

Na reconstrución participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, testemuñas e o presunto autor. Tamén acudiu a xuíza, o fiscal e a letrada da Administración de Xustiza. 

Trátase de facer unha recreación dos feitos posicionando persoas e vehículos en espazo e tempo e poder esclarecer así se o camioneiro puido decatarse do golpe. O home foi detido no mesmo día e está investigado por un delito de homicidio imprudente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade