Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o condutor do camión que atropelou mortalmente un home en Pontevedra

Detido o condutor do camión que atropelou mortalmente un home en Pontevedra

A vítima, de 48 anos, baixara do seu coche a 300 metros da rotonda en que apareceu

O condutor do camión non se detivo no momento do accidente

A Garda Civil investígao por homicidio imprudente

G24.gal 22/04/2026 09:21 Última actualización 22/04/2026 14:51

A presenza dun home tirado no asfalto da rotonda do Vao fixo saltar as alarmas pouco antes das oito da mañá. Malia que o 112 desprazou asistencia sanitaria nada se puido facer por salvar a vida do peón, un veciño de Vigo de 48 anos que se dirixía a traballar nas obras do polígono.

Segundo fontes da investigación, o atropelo produciuse a uns 300 metros de onde apareceu o corpo. A vítima baixara do seu coche neste punto da estrada de Vilagarcía e alí foi alcanzada por un vehículo. A Garda Civil sospeita que foi un camión que non parou para socorrelo, porque non se decatou do golpe ou porque decidiu escapar. 

Tras as primeiras pesquisas a Garda Civil identificou o condutor do camión, que foi detido e queda investigado por un delito de homicidio imprudente. Mentres seguiranse practicando dilixencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade