Catro mortos e cinco feridos graves nun accidente en Castelló
Foi unha colisión frontal na que se viron implicados tres coches
En Málaga tres persoas morreron ao caer o seu coche por un barranco
O accidente produciuse de madrugada na N-340, á altura de Benicássim. No suceso víronse implicados un taxi e outros dous vehículos e segundo as primeiras investigacións puido ser unha colisión frontal durante un adiantamento.
Os bombeiros de Castelló tiveron que excarcerar as catro vítimas mortais e os seis feridos que quedaran atrapados no interior dos coches, cinco deles en estado grave. Os falecidos son o taxista, unha cidadá francesa e dous mozos.
Os servizos médicos confirmaron o falecemento das catro persoas no lugar do sinistro. Catro dos feridos foron trasladados ao Hospital Xeral de Castelló e os dous restantes ao Hospital de la Plana.
Imaxe dos Bombeiros de Castelló vía Europa Press
Tres falecidos noutra colisión en Málaga
Dous vehículos colidiron na madrugada deste domingo na autovía A-7 ao seu paso por Málaga. A consecuencia do impacto un dos vehículos caeu por un barranco e os bombeiros tiveron que liberar as vítimas que quedaran atrapadas.
Os falecidos son dúas mulleres e un home. Outras dúas persoas quedaron feridas.