Cargando resultados...
Arde un coche tras chocar de noite contra un xabarín na A-8, en Ribadeo
Non houbo persoas feridas por mor do suceso
Imaxe cedida polos Bombeiros de Barreiros
G24.gal
28/06/2026 18:05
Un vehículo ardeu practicamente por completo tras bater de noite contra un xabarín na A-8, en Ribadeo (Lugo). Non houbo persoas feridas por mor do suceso.
Tal e como confirmou o 112 Galicia, recibiron a chamada dun particular pasadas as 00.30 horas deste domingo que alertaba de que atropelara a un xabarín no quilómetro 517 da A-8.
O 112 pasou o aviso á Garda Civil e á Policía Local, quen indicou que non había persoas feridas, pero o vehículo estaba a comezar a arder.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse os bombeiros de Barreiros e efectivos de Protección Civil. Finalmente, o coche ardeu case por completo, pero non houbo máis danos materiais.