Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achado o cadáver dunha muller nun arroio próximo á súa casa en Vigo

Achado o cadáver dunha muller nun arroio próximo á súa casa en Vigo

As primeiras conclusións da investigación apuntan a que a muller caeu por un terraplén no camiño de Pedrosa

G24.gal 28/06/2026 17:34

O cadáver dunha muller de avanzada foi achado nun arroio próximo á súa casa na parroquia de Bembrive, no municipio de Vigo, informaron este domingo os servizos de emerxencias.

O corpo sen vida foi achado cara ás 13.40 horas e as primeiras conclusións da investigación apuntan a que a muller caeu por un terraplén no camiño de Pedrosa.

Foi un familiar da falecida quen alertou ao 112 Galicia.

Ante a dificultade para acceder ao lugar onde se atopaba a vítima, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vigo, ademais de informar aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade