Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dun home dun navallazo nunha rúa da Coruña

Investigan a morte dun home dun navallazo nunha rúa da Coruña

A vítima, de mediana idade, faleceu a plena luz do día dun navallazo no pescozo

G24.gal 28/06/2026 14:28 Última actualización 28/06/2026 15:36

A Policía Nacional da Coruña abriu unha investigación para esclarecer a morte dun home de mediana idade na rúa Manuel Azaña da Coruña. A vítima, de mediana idade, faleceu a plena luz do día dun navallazo no pescozo.

Sucedeu no barrio dos Rosales cando a vítima estaba preto da súa casa. Despois de recibir o navallazo camiñou varios metros para pedir axuda, pero acabou caendo. 

Arestora unha comitiva policial e xudicial desprazouse ata o lugar para intentar recabar toda a información posible para poder así determinar as circunstancias dun suceso que ten conmocionada á veciñanza. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade