A temporada da Rapa das Bestas comenza en Mondoñedo
Déronse cita máis de vinte aloitadores
O Campo do Oso en Mondoñedo inaugura un ano máis a temporada de Rapa das Bestas na Mariña Lucense. Unha tradición que ven de séculos atrás e que segue viva grazas en parte aos máis novos, que seguen traballando para organizalas.
"Os cabalos atópanse en liberdade. Baixaremos ao curro para rapalos, marcalos e teremos tamén música", afirma Andrea, membro da organizacion
Unha tradición que vai de pais a fillos. Algúns xa deixan que a nova xeración sexa a encargada das bestas
Pero non todo e festa, o motivo principal e o coidado do animal, rapado, vacinación e por suposto, teñen que marcalos. Foron testemuña de todo iso os centos de persoas que gozan do evento.
"Levo moitos anos vindo, é unha tradición moi antiga. Gustame velo aínda que non os axude", comenta un veciño.
E non todos son galegos. YanYan, unha repaza de Nepal que goza tamén dunha rapa das bestas de Mondoñedo que ten xa cerca de medio século de vida.