Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a Rapa das Bestas de Sabucedo

Comeza a Rapa das Bestas de Sabucedo

O curro tivo que atrasarse unha hora debido ás altas temperaturas

Dende as oito da tarde os aloitadores demostraron as súas habilidades para dobregar aos cabalos e cortalles as crinas

EFE/ Josechu Ortiz
G24.gal 04/07/2026 22:53

Este sábado deu comezo a Rapa das Bestas de Sabucedo.

Nin a calor puido coa Rapa das Bestas. Iso si, o tradicional curro tivo que atrasarse unha hora debido ás altas temperaturas. Pero iso non impediu que a emoción e a tradición volveran encher Sabucedo.

Dende as oito da tarde os aloitadores demostraron as súas habilidades para dobregar aos cabalos e cortalles as crinas.

Trátase dunha tradición ancestral que segue viva a día de hoxe, e tamén un espectáculo fascinante que están a seguir centos de persoas.

O deste sábado é o primeiro dos tres curros que se van celebrar en Sabucedo, ata o luns.

Despois os cabalos voltaran ao monte xa desparasitados e marcados para facer un traballo fundamental, son as desbrozadoras naturais que manteñen limpo o monte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade