Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso ás aulas favorece a transmisión de virus respiratorios

O regreso ás aulas favorece a transmisión de virus respiratorios

A vacinación, a hixiene de mans, unha ventilación frecuente e o uso de máscara permiten reducir o risco de contaxio

G24.gal 19/09/2026 14:33

Nos últimos días as farmacias veñen notando un aumento na demanda de antigripais e de probas de antíxenos. Co inicio das clases e co regreso aos espazos pechados a transmisión dos virus respiratorios é maior, pero está nas nosas mans tomar algunhas medidas para reducir o risco de contaxio.

Nos centros de saúde, as consultas por infeccións respiratorias agudas aumentaron un 7% nunha semana. A estratexia de prevención fundamental é a vacinación. 

"Temos un calendario moi bo fronte ao virus sicitial, á gripe e a covid. A vacinación é realmente importante e recomendámoslla a toda a poboación", di o doutor Pablo Cal, que dirixe o servizo de atención primaria do Centro de Saúde Fontenla Maristany, en Ferrol.

A campaña de inmunización dos lactantes fronte ao virus respiratorio sincitial arranca o luns, sete días despois farao a da vacinación fronte á gripe e a covid, que este ano fixa o obxectivo de chegar polo menos ao 60% da poboación infantil e ao 75% das persoas maiores de sesenta anos.

Podemos facer máis para minimizar os contaxios. Sabémolo de memoria: hixiene de mans, ventilación frecuente e uso de máscara se hai síntomas respiratorios. Trátase en definitiva de aplicar o sentido común e o principio de respecto mutuo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade