Publicador de contidos

Publicador de contidos

O control das toxeiras, fundamental para evitar os lumes

O control das toxeiras, fundamental para evitar os lumes

O toxo ten unha gran capacidade de formación de biomasa e é unha especie pirófita

Forma parte das matogueiras que permiten conservar a biodiversidade e son hábitats recoñecidos de interese pola Unión Europea

G24.gal 19/09/2026 14:17

O toxo é unha especie autóctona da que se fixo uso ao longo da historia: como alimento do gando, para estrar as cortes e como un parte fundamental do esterco para as leiras. Coa trasformación agrogandeira, hoxe é necesario controlar a súa xestión e que non sirva de biocombustible nos nosos montes.

Da Galicia rural onde o toxo era un elemento fundamental do sistema agrogandeiro á actual pasaron 50 anos. O toxo que medra nela é o mesmo; os usos, pouco teñen que ver.

"Cando desaparecen os usos tradicionais e o monte se abandona, a sucesión natural fai que esta matogueira derive cara a unha formación arbórea. Nesas etapas intermedias en que hai unha gran matorralización é onde está o punto onde atopamos moitas das toxeiras hoxe en Galicia. Estas teñen un baixo valor ambiental e constitúen un risco de cara ao problema dos incendios", asegura Xaime Fagúndez, profesor de Botánica na Universidade da Coruña

Naqueles casos onde hai unha xestión controlada, o toxo segue sendo un recurso de valor. As matogueiras conservan a nosa biodiversidade e ademais serven de alimento para a gandería extensiva. 

"Os cabalos que viven en estado salvaxe que atopamos en diferentes montes de Galicia inclúen na súa dieta o toxo, é un elemento importante. Isto ten a súa derivada que é o control da especie por parte do gando. Dese xeito os cabalos axudan a evitar a acumulación de biomasa e a matorralización excesiva", explica Fagúndez

 As novas investigacións desenvoltas por varias cooperativas agrarias apuntan cara á súa utilización como fonte de calor en forma de lascas de madeira e incluso como materia prima para a elaboración de pensos para o gando. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade