Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela exhibe o seu vencello co mar nas fachadas da confraría de pescadores

Burela exhibe o seu vencello co mar nas fachadas da confraría de pescadores

Tres artistas locais retrataron nos seus muros a historia do porto e das súas xentes 

Os murais enmárcanse dentro do proxecto Pescarte, a prol da pesca artesanal

G24.gal 19/09/2026 15:04 Última actualización 19/09/2026 17:18

Burela dialoga co mar a través dos murais de tres artistas locais, Martín Lestao, Belén Mogo y Diego Domínguez, que ilustraron as fachadas da confraría de pescadores coa historia do porto e das súas xentes.

Estes traballos artísticos accesibles, mediante paneis táctiles de braille e altorrelevo, ocupan 250 metros lineais e 1.300 metros cadrados. Retratan oficios, artes tradicionais, embarcacións, capturas, acontecementos importantes e personaxes vinculadas ao sector. 

Enmárcanse no proxecto Pescarte, a prol da pesca costeira artesanal, unha iniciativa de carácter bianual que busca divulgar o patrimonio pesqueiro, mellorar o coñecemento dos produtos locais e incentivar a remuda xeracional.

A iniciativa tamén inclúe unha demostración de cociña en vivo, xogos infantís educativos, contidos audiovisuais e material divulgativo co que se conmemora o século de vida da confraría burelense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade