Despois duns días de alivio, a metade sur de Galicia xa está ás portas doutro episodio de calor intenso
Despois duns días de alivio, a metade sur de Galicia xa está ás portas doutro episodio de calor intenso
O mércores volverán subir as temperaturas notablemente
A metade sur de Galicia xa se prepara para un novo episodio de calor con temperaturas superiores aos 30 graos. Meteogalicia ponlle a data. Mañá, en Ourense xa andarán polos 33 graos e nas Rias Baixas polos 31. Será a partir do mércores cando Galicia sexa, de novo, máis cálida do habitual. Este domingo Ourense chega aos 30 graos e as Rías Baixas aos 27.
O mellor, para durmir e repoñer forzas, é que as mínimas mantéñense sen cambios. En Vigo esta noite pasada non subimos dos dezasete graos. A imaxe aquí foi a das nubes baixas que foron disipando ata claros que xa están permitindo pasar un día de praia e, sobre todo, de paseos e de actividade á beira do mar.
Sen noites tropicais na metade sur de Galicia o descanso está garantido. E así seguirá sendo como mínimo ata o mércores onde as mínimas tanto en Ourense como no litoral de Pontevedra serán de 15 e 16 graos respectivamente.
Este domingo volveu facer calor en Ourense. Soportable. Trinta graos. E nas Rías Baixas 27