Venezuela, no corazón de Galicia
Os venezolanos residentes aquí sobreviven desacougados agardando novidades
Os venezolanos residentes en Galicia seguen con enorme preocupación e dor as novidades que chegan dende o seu país de orixe.
Na provincia de Lugo estímase que residen uns 3.000 venezolanos, entre os nacionalizados e os residentes, segundo nos conta a presidenta de Venelugo, Karín Mago.
Con ela estivemos esta mañá nun partido de béisbol que se celebrou a mañá deste domingo entre venezolanos e cubanos. No campo estivemos falando con algúns deles, como Samuel, un fisioterapeuta que estivo traballando cos xogadores de beisbol do equipo que estaba aloxado no Hotel Eduard´s, na Guaira, onde desapareceron, entre outros, os familiares dos xogadores. Tan só se conseguiu rescatar a tres menores.
Karín, que é arquitecta, explícanos que, entre os motivos das terribles consecuencias destes tremores está a propia condición do terreo, que na Guaira está xusto á beiriña do mar e é dun caracter moi "xelatinoso" e, tamén, a arquitectura que caracteriza esta zona, moi aberta e fermosa, con moitos ventanais, pero con poucas estruturas.