Vilas e cidades recollen produtos de primeira necesidade para os damnificados de Venezuela
Por toda Galicia estanse a organizar recollidas de productos de primeira necesidade para axudar aos afectados polos terremotos en Venezuela
Piden sobre todo suministros sanitarios, alimentos non perecedoiros e productos de hixiene e alimento para bebés
En moitas vilas e cidades galegas estanse a recoller doazóns para enviar productos de primeira necesidade para axudar aos afectados polos terremotos en Venezuela.
"Precisamos menciñas, cueiros, leite, alimentos e tamén luvas, gasas, tesoiras cirúrxicas... un pouco de todo iso.", explica Yana Martínez, da asociación HADA.
"Temos a garantía de que todo o que estamos a recibir dende esta Fundación Hada vai chegar directamente á Universidade Central de Venezuela e dende ahí vaise distribuir a diferentes hospitais do país." , di Rosalinda Zabala da asociación Hada.
As entidades que organizan as recollidas contan tamén coa colaboración de empresas de loxística e paquetería que están a ofrecen envíos gratuitos para Venezuela. E son moitos os que se están a achegar para contribuír a un envío que sairá este luns camiño de Caracas.
"A situación que teñen agora os nosos irmáns de Venezuela conmoveume moito e por iso pensamos en axudar, facer a nosa parte."
"Trouxemos vendas, algodón, alcol, máscaras... un pouco de todo para axudar á xente de Venezuela."
"Paréceme estupendo, hai que ser solidarios co resto do mundo e se teñen algún problema como o terremoto que foi bastante grave e a xente estao pasando mal, que menos que por unha areíña cada un e así facemos un océano."
E despois destes primeiros envíos durante a próxima semana vanse a organizar novas recollidas en distintos puntos da comunidade. Poden consultar os lugares de recollida e os productos que se necesitan nas entidades que organizan a axuda como a Federación Venezolana de Galicia.