Domingo de praia con sol, brisa e brétemas nas Rías Baixas lonxe da calor do interior de Galicia
En Vigo non subiron dos 28 graos, lonxe das altas temperaturas do interior
Nas Rías Baixas, con menos exposición ás secas e á calor, volveron exhibir este domingo o seu microclima Atlántico temperado fronte aos extremos do interior de Galicia. Así que foron moitos os que buscaron paliar esta vaga de calor nos areais do sur de Pontevedra.
Mínimas moi altas e máximas altas, de 28 graos esta tarde e un día que tivo de todo. Sol á mañá, brétemas ao mediodía, unha brisa máis que fresca e de novo sol á tarde. Os que permaneceron, os que aguantaron nos areais acabaron por disfrutar dun domingo, o primeiro do verán, de praia. Un domingo suave moi lonxe dos valores do interior.
E hai que darlle as grazas da resilencia climática deste litoral ao Océano Atlántico, que regula a influencia desa masa de aire quente africana que está tras dos episodios de temperaturas extemas en Galicia esta fin de semana.
Mentres o interior de Galicia bafexaba a case corenta graos, unha bruma pouco espesa comezaba a asomar polas Cíes. No litoral de Pontevedra o termómetro superaba os 25 graos e en praias coma esta de Samil xa celebraban o primeiro domingo do verán. Cara o mediodía as brétemas xa inundaban toda a Ría de Vigo. Fronte á vaga de calor nada mellor que o microclima atlántco temperado das Rías Baixas.
Pouco durou a néboa, e pouco tardou o termómetro en poñerse nos 28 graos para completar o domingo de praia, cunha brisa atlántica que fixo a calor aturable. Menos do que será o martes cando en Vigo acadarán os 34 graos de máxima cunha mínima moi alta para xuño, 22 graos, o que se traducirá nunha noite tropical.