Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta máxima por altas temperaturas en máis dun cento de concellos galegos

Alerta máxima por altas temperaturas en máis dun cento de concellos galegos

A Xunta activa para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e chuvias na montaña de Lugo  

Nas zonas de alerta laranxa, a Xunta recomenda evitar as actividades ao aire libre nas horas centrais do día, especialmente nos concellos do interior

G24.gal 21/06/2026 14:36 Última actualización 21/06/2026 16:50

A Xunta de Galicia ten activada para este domingo activarase o nivel vermello de alerta por altas temperaturas, o máximo existente e equivalente a un risco extremo, en varias zonas da comunidade.

Segundo detalla o Goberno galego, a alerta vermella centrase especialmente en áreas do interior da Coruña, o centro de Lugo, lugares de montaña desta provincia e da de Ourense e en localidades do interior de Pontevedra.

Este domingo supéranse os 34 graos en boa parte do territorio da comunidade, con excepción do litoral, e rózanse os 40 en zonas do sur de Lugo e ao redor da cidade de Ourense.

Dezanove concellos de Ourense, en aviso vermello pola calor

A Administración galega suspendeu a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior entre as doce do mediodía e as oito da tarde deste domingo, polas condicións extremas de calor.

Na costa, as actividades náuticas ou acuáticas non se ven afectadas por estas restricións, aínda que se dea o caso de alerta laranxa. Nos concellos de interior copn alerta laranxa, as actividades ao aire libre estan permitidas, pero recoméndase non realizalas nas horas centrais do día.

En Lugo, 41 concellos do centro e da Montaña están en alerta vermella por altas temperaturas

Zonas de alerta laranxa

Alén dos lugares nos que estará activa a alerta máxima, haberá zonas do noroeste da Coruña, do sur de Lugo e de Valdeorras en nivel dous, laranxa; e A Mariña, o centro de Lugo, o noroeste de Ourense, o val fluvial do Miño e a parte meridional desta última provincia permanecerán no un, amarelo.

Este episodio de altas temperaturas, coincidente coa chegada do verán, é debido ás altas presións situadas ao norte da Península Ibérica que provocaron a chegada dunha masa de aire moi cálido desde o norte de África.

A previsión é que os seus efectos se fagan notar ata o vindeiro mércores, polo que a Xunta chama á prevención e a seguir as recomendacións existentes para evitar posibles efectos adversos sobre a saúde.

 

Recomendacións da Xunta

Os principais grupos de risco nestas situacións son as persoas maiores de 65 anos, menores de catro e, especialmente, as menores dun ano; así como as que padecen patoloxías crónicas, cardiovasculares, pulmonares ou similares.

Entre os consellos da administración autonómica están a hidratación constante, evitar as bebidas quentes e as comidas copiosas, aumentar o consumo de verduras e froitas, empregar roupa con tecidos naturais, utilizar protección como chapeus, lentes de sol e crema protectora ou permanecer en espazos ventilados ou acondicionados. 

A Xunta activa para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e chuvias na montaña de Lugo  

A Xunta activou para esta tarde a alerta laranxa por treboadas e chuvias na montaña de Lugo. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa activarase a primeira hora da tarde. As chuvias poden chegar a acumular 30 litros por metro cadrado nunha hora e as treboadas poden ir acompañadas de sarabia grande e refachos de vento moi forte.

Cómpre lembrar que as actividades deportivas federadas e do programa Xogade no exterior xa están suspendidas na montaña de Lugo a partir do mediodía pola activación dunha alerta vermella por calor que afecta a diferentes zonas de Galicia. Os municipios afectados e os horarios de vixencia das alertas poden consultarse na web Deporte Galego. 

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade