Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home é evacuado en helicóptero tras caer a unha piscina baleira en Crecente

Un home é evacuado en helicóptero tras caer a unha piscina baleira en Crecente

Un particular alertou ao servizo de emerxencias sobre as 15.30 horas, comunicando que un home se precipitara ao interior dunha piscina sen auga e sufrira un golpe na cabeza

Arquivo Arquivo
G24.gal 07/08/2026 19:51

Un home foi evacuado este xoves en helicóptero medicalizado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de caer a unha piscina baleira na parroquia de Filgueira, no municipio de Crecente, segundo informou o 112 Galicia.

Foi un particular quen alertou ao servizo de emerxencias sobre as 15.30 horas, comunicando que un home se precipitara ao interior dunha piscina sen auga e sufrira un golpe na cabeza.

Na chamada, indicou que o home permanecera inconsciente tras a caída, aínda que posteriormente recuperou a consciencia.

O 112 activou un operativo no que participaron o Servizo Galego de Urxencias Sanitarias-061, que desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, a Garda Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ribadavia.

Tras lograr sacar ao ferido da piscina, os equipos de emerxencia trasladárono ata o punto onde agardaba o helicóptero medicalizado, que finalmente o evacuou ao Hospital de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade