Falece un bañista na praia de Cariño, en Ferrol
Foi a súa filla a que pediu axuda ao 112
En Ferrol, un bañista de avanzada idade faleceu esta tarde na praia de Cariño, en Doniños.
Ás 17:40 horas a súa filla pediu axuda ao 112 Galicia, indicando que seu pai estaba en apuros cando ía a nado pola zona de rochas.
Púxose en marcha un dispositivo de intervención formado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Ferrol co seu equipo acuático, Garda Civil, Policía Nacional, Local e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, unha embarcación do Servizo de Gardacostas de Galicia, tras rescatar o bañista, trasladouno ata o peirao de Curuxeiras, Ferrol.
Así mesmo, o persoal sanitario confirmou o falecemento do home, veciño de Cariño,.