Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activos dous incendios en Galicia, un na Capela e o outro na Mezquita

Activos dous incendios en Galicia, un na Capela e o outro na Mezquita

O incendio no concello ourensá da Mezquita orixinouse este domingo en Portugal e xa está ardendo na parroquia de Manzalvos

A Consellería do Medio Rural confirmou que  o lume traspasou a fronteira sobre as 7:18 horas deste domingo. Pola tarde afectaba unhas 50 hectáreas

Na provincia da Coruña, no concello da Capela, as estimacións elevan a 30 hectáreas a superficie afectada

Os bombeiros traballando este domingo no incincendio na Capela, provincia da Coruña
G24.gal 21/06/2026 11:37 Última actualización 21/06/2026 22:56

Desde as 04:06 horas deste domingo está activo un incendio forestal no concello da Capela, parroquia de Capela, na provincia da Coruña. O lume está preto da estrada AC-564, entre Felgueiras e A Teixeira.

As últimas estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural informan que a superficie queimada é xa de 30 hectáreas. 

Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnico, 9 axentes, 15 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 avións, segundo os datos facilitados pola Xunta de Galicia.

Imaxe do incendo da Mezquita de @BrifLaza na súa conta de X

Incendio na Mezquita, Ourense

Un incendio forestal que se orixiou este domingo en Portugal xa cruzou a fronteira con Galicia e estivo ardendo na parroquia ourensá de Manzalvos, na Mezquita.

Fontes da Consellería do Medio Rural confirman que o lume traspasou a fronteira sobre as 7:18 horas da mañá deste domingo e que afecta xa unhas 50 hectáreas da parroquia de Manzalvos.

Ao longo do domingo traballaron na extinción do lume 8 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, en declaracións a EFE, dixo que o prognóstico do incendio mellorou nas últimas horas e que non hai núcleos de poboación en risco. 

Imaxe do incendio da Mezquita onde está traballando a Brigada do Exército do Aire destacada en Verín

O incendio da Mezquita orixinouse en Portugal, onde está tamén controlado

O lume orixiouse en Portugal e axiña se extendeu a Galicia. Na parte lusa, o lume está controlado tras o esforzo de máis de setenta bombeiros que traballaron con trece medios terrestres e oito aéreos, que de momento seguen mobilizados.

A Brif-Verín na zona do incendio da Mezquita este domingo A Brif-Verín na zona do incendio da Mezquita este domingo

Extinguido o incendio de Padrón-Herbón

Deuse por extinguido ás 20:02 horas deste domingo o lume rexistrado no concello de Padrón, parroquia de Herbón, que se iniciara o día 12 de xuño ás 16:01 horas e no que foi preciso declarar temporalmente a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación.

Finalmente este incendio afectou unha superficie de 373,21 hectáreas, das cales 298,57 son arboradas e 74,64 rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 7 técnicos, 132 axentes, 166 brigadas, 122 motobombas, 5 pas, 9 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 7 avións, segundo os datos da consellería de Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade