Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Mos denuncian graves problemas de seguridade na estrada nacional 550

Veciños de Mos denuncian graves problemas de seguridade na estrada nacional 550

Reclaman actuacións urxentes para poder cruzar a vía tranquilos e facer vida nas súas parroquias

Sinalan que  se arriscan cada día cruzando nunha estrada que rexistra un importante tráfico

G24.gal 10/07/2026 14:42

Tres autobuses, cheos de veciños de Mos, circulan pola estrada Nacional 550. O seu obxectivo é denunciar a inseguridade nesta vía. Piden que dúas zonas se transformen en travesía urbana, coma noutros concellos, para incorporar semáforos e pasos que aumenten a seguridade

Ademais dos propios veciños, sinalan que moitos peregrinos tamén se arriscan cada día cruzando nunha estrada que rexistra un importante tráfico. Reclaman medidas urxentes que melloren a súa calidade de vida para poder facer vida en coche e tamén a pé dentro das súas parroquias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade