Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellada unha rede que asaltaba camións en marcha en toda España

Desartellada unha rede que asaltaba camións en marcha en toda España

Os detidos subtraeron mercancía por valor de 481.000 euros

Empregaban o coñecido como “método do surfista”: retardaban a circulación, achegábanse a un camión obxectivo, forzaban as pechaduras e saltaban ao seu interior para roubar mercancías

Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 05/07/2026 10:26 Última actualización 05/07/2026 11:23

A Garda Civil detivo a dez persoas no marco dunha operación na que se desarticulou un grupo criminal que asaltou polo menos once camións en marcha entre os meses de febreiro e maio en Cáceres, Cuenca, Huesca, Toledo, e Murcia, levándose mercancía por valor de 481.000 euros.

A Operación de Alto Impacto CERES 2.0. logrou acabar un grupo "altamente especializado"  que se dedicaba a roubar mercancías mediante o coñecido como método do “surfista”.

Os seus integrantes tomaban gran cantidade de precaucións para evitar a súa captura, xa que non permanecían máis de dúas semanas no mesmo país, percorrendo varios países europeos, e cambiaban de itinerarios, medios de transporte e formas de desprazamento.

Os presuntos autores aloxábanse en vivendas alugadas utilizando documentación falsa e contaban cunha infraestrutura estable Francia, Reino Unido, Italia e Alemaña.

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil

Para cometer os roubos, empregaban dous vehículos de gran cilindrada para facer labores de vixilancia e reter o tráfico para illar ao camión obxectivo e facilitar o roubo.

Cando o camión obxectivo circulaba máis amodo e aproveitando un cambio de rasante ou similar, aproximaban outro camión á parte traseira do primeiro vehículo.

Este vehículo estaba modificado, xa que se lle cortou a parte dianteira da caixa, para permitir que unha persoa puidese saír do seu interior, apoiarse no capó e así achegarse á parte traseira do vehículo obxectivo.

Despois de facelo, o asaltante penetrábase na caixa o camión, seleccionaba as mercancías que ía roubar, e lanzábaas ao vehículo modificado, onde outra persoa recollíaas. Desta forma, os camioneiros que conducían os vehículos obxectivo non percibían o roubo ata que chegaban ao seu destino.

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade