Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home que se perdeu de madrugada no monte en Ourense

Buscan un home que se perdeu de madrugada no monte en Ourense

O home saíra a primeira hora da noite e perdeuse nunha zona de difícil acceso da parroquia de Palmés

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 05/07/2026 09:11 Última actualización 05/07/2026 10:39

O dispositivo activouse arredor das 3:00 horas desta madrugada, despois de que un amigo do implicado alertase ao 112 Galicia.

Segundo explicou, levaban un tempo tentando localizalo nunha zona de difícil acceso da parroquia de Palmés, nas inmediacións do regato da Burata.

O home saíra ao monte a primeira hora da noite e acabou perdéndose, aínda que, como sinalaron os particulares, puido compartir as coordenadas da súa ubicación con eles.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 activou de inmediato un operativo que segue en marcha a estas horas, e no que participan os Bombeiros de Ourense, a Policía Nacional, a Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Toén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade