Cargando resultados...
Localizado con vida o home de 69 anos que permanecía desaparecido desde o martes en Mesía
O home presenta unicamente feridas superficiais de carácter leve
G24.gal
02/07/2026 09:37
O home de 69 anos que permanecía desaparecido desde a tarde deste martes na localidade coruñesa de Mesía foi localizado con vida nun maizal situado a un quilómetro da súa casa.
Fontes da Garda Civil confirmaron que foi unha patrulla de Milladoiro-Ames quen atopou ao home, con vida e consciente, sobre as 19.15 horas deste mércores.
O home presenta unicamente feridas superficiais de carácter leve e foi evacuado polo Servizo de Urxencias Sanitarias-061 ao Complexo Hospital Universitario de Santiago (CHUS) para unha valoración médica.