Iron Maiden, prato forte deste xoves no Resurrection Fest
O festival prevé reunir máis de 140.000 persoas e xerar uns 40 millóns na xornada
O Resurrection Fest encara este xoves unha das súas xornadas máis esperadas coa actuación de Iron Maiden, cabeza de cartel dunha edición que volve converter Viveiro na capital do rock e do metal durante catro días.
O festival, que celebra a súa 21ª edición, prevé reunir máis de 140.000 asistentes e xerar un impacto económico duns 40 millóns de euros na comarca da Mariña.
A cita arrancou este mércores cun recinto cheo desde primeira hora. O responsable de comunicación do Resurrection Fest, Esteban, asegurou que a xornada inaugural foi todo un "un éxito" e destacou a emoción coa que o público accede ao festival tras un ano de espera.
A ilusión coa que a xente entra no festival dálle sentido aos doce meses de duro traballo que hai detrás de cada edición", afirmou.
Carlos Castro - Europa Press - Foto de Arquivo
A gran protagonista deste xoves será Iron Maiden, que chega a Viveiro coincidindo co seu 50 aniversario. A banda británica xa encabezara o cartel do Resurrection en 2016, nunha edición que supuxo un punto de infelxión para o evento.
Que a banda máis importante do heavy metal actúe nuha vila de apenas 16.000 habitantes é algo realmente noticiable", suubliñou Esteban.
O festival continuará ata o sábado con máis de cen concertos repartidos en catro escenarios. Entre os pratos fortes das próximas xornadas figuran Limp Bizkit, este venres, e Marilyn Manson, encargada de pechar o cartel do sábado.