Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional obriga a Alcoa a devolver case 37 millóns en axudas públicas

A Audiencia Nacional obriga a Alcoa a devolver case 37 millóns en axudas públicas

O tribunal avala a decisión do Ministerio de Industria ao considerar que a empresa incumpriu as condicións das subvencións tras a parada das cubas de San Cibrao 

Foto Arquivo / Carlos Castro / Europa Press Foto Arquivo / Carlos Castro / Europa Press
G24.gal 02/07/2026 11:33

A Audiencia Nacional confirmou que Alcoa terá que devolver ao Ministerio de Industria un total de 36,5 millóns de euros correspondentes ás axudas por compensación dos custos das emisións indirectas de CO2 recibidas entre 2017 e 2019. 

A sala do Contencioso-Admisitrativo considera axustada a dereito a resolución aprobada polo Goberno en 2021, ao entender que a empresa incumpriu as condicións esixidas para percibir estas subvencións tras comunicar un despedimento colectivo en 2020 e paralizar as cubas electrolíticas da planta de San Cibrao. 

A compañía argumentaba que o ERE foi posteriormente anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e conformado polo Tribunal Supremo. Con todo, a Audiencia Nacional sostén que o incumprimento deriva da comunicación da decisión empresarial e non do seu resultado final. 

A sentenza tamén lembra que a parada das cubas supuxo a interrupción da principal actividade produtiva da fábrica e do 99 % do seu consumo eléctrico, en contradición co obxectivo destas axudas públicas. Contra a sentenza cabe recurso de casación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade