Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Vila de Cruces pola subtracción dun coche e varias motos, que acabaron despezados en Lugo

Investigado un veciño de Vila de Cruces pola subtracción dun coche e varias motos, que acabaron despezados en Lugo

A partir dos testemuños e outras pescudas, os axentes puideron obter información sobre o vehículo empregado polos sospeitosos do roubo, aínda que non a súa matrícula

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 02/07/2026 10:23

A Garda Civil investiga un veciño de Vila de Cruces, de 59 anos, pola súa presunta implicación na subtracción dun coche e cinco motocicletas, que logo vendeu a un terceiro, que acabaron despezados en Lugo.

Segundo informaron fontes da Comandancia, os feitos ocorreron entre finais de marzo e principios de abril pasados, cando se produciu a subtracción dos vehículos, que se atopaban gardados nun garaxe anexo a unha vivenda en Vila de Cruces.

Aproveitado que a moradora da vivenda estaba de vacacións, os ladróns foron levando o coche, un Audi A3, e as motos, ao longo de varios días, para o que utilizaron un remolque tipo plataforma.

A Garda Civil abriu unha investigación e tivo coñecemento da existencia dun vehículo cun remolque que fora visto transportando o coche roubado. A partir dos testemuños e outras pescudas, os axentes puideron obter información sobre o vehículo empregado polos sospeitosos do roubo, aínda que non a súa matrícula.

O pasado 2 de xuño, no marco dun dispositivo preventivo de Seguridade Cidadá, a Garda Civil identificou un coche coas mesmas características que o vehículo sospeitoso. A partir de aí, localizáronse o coche e a moto roubados, depositados nunha parcela en Lugo, que estaban a ser despezados, o cal dificultou a súa identificación.

Tras todas as dilixencias, o pasado 26 de xuño procedeuse á localización e investigación dun veciño de Vila de Cruces, que foi quen vendeu os vehículos roubados a un terceiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade