Publicador de contidos

Publicador de contidos

O brent pecha a 108,75 dólares, o seu prezo máis alto en case catro meses

O brent pecha a 108,75 dólares, o seu prezo máis alto en case catro meses

As tensións en Oriente Medio, onde o peche de Ormuz complícase agora co peche do oleoduto de Yanbu, fan temer unha prolongación do conflito e un crecente encarecemento do cru

G24.gal 15/09/2026 22:11

O prezo do barril de brent para entrega en novembro subiu este martes un 2,9%, ata situarse nos 108,75 dólares no mercado de futuros de Londres, o seu prezo máis alto en case catro meses.

As tensións en Oriente Medio, onde o peche do estreito de Ormuz complícase agora co peche por parte de Arabia Saudita do oleoduto de Yanbu (este-oeste), fan temer unha prolongación do conflito e un crecente encarecemento do cru.

Onte, o cru de referencia en Europa pechou a 105,68 dólares, e hoxe gañou 3,07 dólares na cotización, cun pico na xornada no que chegou a poñerse a 109,41 dólares.

Hai que remontarse a mediados de maio para atopar prezos que superaron durante varios días os 110 dólares, pero desde entón o brent fora baixando, aínda que con moitos altibaixos dependendo dos meses e dos picos de tensión ao redor da guerra en Irán.

Moi similar foi o comportamento do barril de Texas: o WTI, polas súas siglas en inglés, pechou este martes cunha subida do 4,4%, ata 105,83 dólares o barril, e no seu caso tamén foi o prezo de peche máis alto desde maio pasado.

Os ataques dos hutíes do Iemen a Arabia Saudita obrigaron a este último país a pechar o vital oleoduto de Yanbu, que traslada cru cara á costa oeste do país, no Mar Vermello, o que significa que agora as dúas vías de saída de todo o cru de Oriente Próximo -o estreito de Ormuz ao este e o de Bab al Mandeb ao oeste da Península Arábiga- víronse severamente reducidas.

Así mesmo, a reunión prevista para onte entre Irán e países do Golfo en Omán co fin de habilitar zonas seguras de tránsito en Ormuz foi posposta sen data. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos