Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un condutor que fuxiu da Garda Civil en Becerreá e tratou de agredir os axentes

Detido un condutor que fuxiu da Garda Civil en Becerreá e tratou de agredir os axentes

O home, de 35 anos, deu positivo nas probas de detección alcohólica

G24.gal 30/06/2026 16:05

A Garda Civil detivo un veciño de Morcelle, no municipio lucense de Becerreá, de 35 anos de idade, que fuxiu dun dispositivo de seguridade cidadá na entrada da localidade e cando foi interceptado tratou de agredir os axentes.

Tal e como informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron o pasado sábado. No marco dun dispositivo policial, os axentes observaron como o condutor, ao decatarse da presenza da Garda Civil, realizou unha manobra "evasiva e temeraria" e dirixiuse cara á posición dos axentes, que tiveron que apartarse para evitar ser atropelados.

A continuación, o home abandonou o lugar e estableceuse un operativo de procura, localizándoo minutos despois nas inmediacións do seu domicilio.

Cando o detiveron, o home abalanzouse sobre os axentes "con intención de agredilos" e tivo que ser reducido para proceder á súa detención. Ademais, deu positivo nas probas de detección alcohólica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade