Cargando resultados...
A espectacular erupción do volcán Etna atrae centos de visitantes
A coada non supón perigo para as poboacións próximas pero as autoridades elevaron o nivel de alerta na zona
G24.gal
30/06/2026 16:43
Última actualización 30/06/2026 16:55
O volcán Etna ilumina estes días a noite siciliana. A erupción produciuse a uns tres mil metros de altitude.
E a fermosura das imaxes está atraendo moitos excursionistas, o que obrigou as autoridades a elevar o nivel de alerta na zona.
Polo momento, a coada de lava non supón ningún perigo para as poboacións próximas e a actividade do aeroporto de Catania non se viu afectada.