Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen 11 persoas por roubos en tendas de aeroportos internacionais, como o da Lavacolla

Deteñen 11 persoas por roubos en tendas de aeroportos internacionais, como o da Lavacolla

Están acusados de cometer 24 delitos en establecementos de Anveres, Lisboa e O Porto, Tenerife Sur, Palma de Mallorca, Alacant, Barcelona, Valencia e Santiago

A organización contaba con asentamentos en Galicia, nos concellos de Teo e Padrón

G24.gal 26/06/2026 13:38

A Garda Civil detivo once persoas pertencentes ao clan Preda acusados de 24 delitos relacionados con roubos en establecementos comerciais nos aeroportos europeos de Anveres (Bélxica), Lisboa e O Porto (Portugal) e Tenerife Sur, Palma de Mallorca, Alacant, Barcelona, Valencia e Santiago.

A operación, levada a cabo por axentes da Sección Fiscal e Fronteiras dos aeroportos Tenerife Sur e Santiago-Rosalía de Castro, xunto ao Servizo de Vixilancia Aduaneira da Coruña, desarticularon esta organización, asentada en España, o Reino Unido e Romanía.

Os 24 detidos, todos eles estranxeiros, están acusados dos delitos de pertenza a organización criminal, furtos continuados, contrabando de produtos estancados, falsidade documental e branqueo de capitais.

A organización contaba con asentamentos en Galicia

As investigacións comezaron a principios de 2025 e grazas a elas conséguese situar os asentamentos da organización nas Canarias, A Coruña, Manchester e Luton e puidéronse localizar unha serie de almacéns clandestinos en Inglaterra. Ata alí chegaba mercancía de contrabando, como perfumes e tabaco, procedente de roubos e furtos realizados nos aeroportos de Anveres (Bélxica), Lisboa e O Porto (Portugal), Tenerife Sur, Palma de Mallorca, Alacant, Barcelona, Valencia e Santiago de Compostela.

A organización ademais levaba a cabo unha trama de branqueo de capitais, a través dunha serie de sociedades que se dedicaban á compravenda de coches usados, da que se obtivo 4.8 millóns de euros.

Rexistros en Teo e Padrón

Durante a operación, os axentes efectuaron rexistros nunha vivenda de Teo (A Coruña), e en dúas naves de Padrón (A Coruña), lugares onde se procedeu á detención dos principais compoñentes da organización.

Nos rexistros interviñéronse numerosos teléfonos móbiles, diñeiro fraccionado en distintas divisas, un lingote de ouro e diversas pezas de ouro, gran cantidade de tabaco e abundante documentación de interese para a investigación.

Ademais, proceder ao bloqueo en España de 13 contas bancarias, 12 en Lituania e 24 en Romanía.

A través de movementos bancarios detectados na investigación foron localizadas oito sociedades instrumentais dedicadas á compravenda de vehículos de segunda man, as cales eran creadas de forma sucesiva e en cadea, coa finalidade de dificultar a rastrexabilidade do diñeiro e eludir os controis da Axencia Tributaria Española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade