Publicador de contidos

Publicador de contidos

Persoal de Monte Real Club de Iates rescata catro mozos á valga nunha táboa de paddle surf

Persoal de Monte Real Club de Iates rescata catro mozos á valga nunha táboa de paddle surf

Os mozos perderon o control da táboa o xoves ás nove da noite

G24.gal 26/06/2026 14:00

Catro mozos foron rescatados onte á noite en Baiona á valga nunha táboa de paddle surf. No rescate foi clave a rápida actuación de dous empregados de Monte Real Club de Iates de Baiona que se achegaron coa pneumática a onde estaban os mozos e os conduciron ata o peirao de Santa Marta. Alí rematou a odisea dos rapaces, entre os que había unha moza. Saíran practicar este deporte en dúas táboas de paddle; tres deles chegaron ben á terra, mentres que os outros catro non eran quen de regresar.

Un cidadán deu aviso ao Monte Real e axiña acudiron ata o lugar en que os mozos se pelexaban coa forza do mar que os enviaba cara adentro.

Coa pneumática do Club achegáronse ao punto e recolléronos, estaban aterecidos do frío e tamén asustados. O persoal de Monte Real conducíunos ao peirao de Santa Marta onde foron recibidos pola Policía Local e a Garda Civil.

Non é a primeira vez que o persoal do club participa nun rescate, adoita facelo varias veces ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade