Publicador de contidos

Publicador de contidos

O perito xudicial do caso Plus Ultra cuestiona o rescate da aeroliña

O perito xudicial do caso Plus Ultra cuestiona o rescate da aeroliña

Martín Molina di que a compañía era insolvente e cre que se puideron maquillar as contas para cumprir as condicións do rescate

Gustavo Valiente / Europa Press
G24.gal 28/05/2026 14:39

O Goberno defende o rescate da aeroliña Plus Ultra con 53 millóns de euros. Fíxoo cando se concedeu.

"Non dar una axuda a unha empresa que cumpre os requisitos é prevaricación", xustificaba a exvicepresidenta do Goberno María Jesús Montero en 2021.

E ségueo defendendo despois de que a UDEF atopara indicios de irregularidades recollidos no sumario xudicial.

"O procedemento respondeu ao marco regulatorio establecido. Un procedemento impecable, transparente e rigoroso", asegura a ministra portavoz do Goberno, Elma Saiz, a preguntas dos xornalistas tras do último Consello de Ministros.

Ás sospeitas xudicias súmanse agora as declaracións dos técnicos que comparecen na comisión de investigación do Senado.

"O rescate non se tiña que ter dado. Non tiña nin solvencia nin liquidez a finais de 2019. Non cumpría os requisitos da Unión Europea", di Pedro Martín Molina, perito xudicial. 

O perito xudicial tamén asegurou que foi un xuiz substituto o que autorizou a entrega de 34 millóns de euros de rescate, a petición da Fiscalía. Fixoo cando a maxistrada titular que tiña o rescate paralizado, estaba de vacacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade