Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cadáver atopado no mar en Baiona é o desaparecido en Barra

O cadáver atopado no mar en Baiona é o desaparecido en Barra

Fontes da investigación sinalaron que o cadáver, que apareceu espido, está aínda pendente da identificación efectiva

G24.gal 01/06/2026 09:56 Última actualización 01/06/2026 14:08

Fin de semana tráxica en augas do Morrazo. Un accidente acabou coa vida en cabo Udra dun pescador recreativo de 50 anos, natural do Porriño, e confírmase que o cadáver que atoparon aboiando en augas de Baiona era o do bañista desaparecido o sábado na praia de Barra. Especialemnte intenso foi este domingo para o servizo de Gardacostas de Galicia.

Pasadas as oito da tarde, recibiron varias chamadas alertando dun cadáver aboiando na costa da parroquia de Baredo, en Baiona. Segundo conta Jaime González, veciño do lugar de Rocamar, na parroquia de Baredo en Baiona, foi unha parella que estaba nunha cala a que deu a voz de alarma ao ver u8n corpo aboiando. A forza do mar foino levando ata quedar nunha zona rochosa.

Tátase dun lugar moi transitado por ciclistas e paseantes, ao que se achegaron dotacións da Garda Civil e Salvamento Marítimo. O cadáver estaba nunha zona de difícil acceso, polo que tivo que intervir o helicóptero Pesca 1. O corpo foi izado e trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro. Segundo fontes da investigación, se trata do bañista de Vigo desaparecido na praia de Barra o pasado sábado. Un home duns 70 anos con mobilidade reducida ao que se buscaba por terra, mar e aire logo de atopar as súas pertenzas e o coche na praia do Morrazo.

E xornada tráxica a de onte tamén en Cabo Udra pola mañá. Un home duns 50 anos natural do Porriño pasaba unha xornada de lecer coa familia e desapareceu cando foi pescar nunhas rochas preto da praia de Ancoradouro. Activouse un operativo de busca con drons, e o helicóptero Pesca 1 atopouno e logrou rescatalo. Malia os esforzos de reanimación, non se puido facer nada pola súa vida..
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade