Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queiman o coche que levaba case un mes abandonado na estrada de Portomouro a Santiago

Queiman o coche que levaba case un mes abandonado na estrada de Portomouro a Santiago

Contra a medianoite o 112 alertou de que alguén lle prendeu lume ao vehículo

Ata o lugar desprazáronse catro equipos de emerxencias e extinguiron o lume en cuestión de media hora

G24.gal 26/06/2026 14:16 Última actualización 26/06/2026 14:29

Préndenlle lume ao coche que levaba abandonado case un mes na estrada que une Portomouro con Santiago. Algo que no Concello de Val do Dubra, que informou de que non tiñan competencias para a súa retirada, non deixa de sorprender. 

O alcalde, Diego Luis Díaz Méndez, di que lles "resulta curioso que xusto o queimaran despois de que a noticia saíra nos medios de comunicación e de que se informara de que o propietario é o responsable da retirada", tamén engadiu que "saben que foi intencionado é que o dono do vehículo, que agora é considerado como un residuo, segue sendo o responsable". 

A Garda Civil ten aberta unha investigación. ​​​​​​A alerta do incendio deuna o 112 pasada a medianoite. Os equipos de emerxencias extinguírono en cuestión de media hora. O día era húmido e iso axudou a que o lume non se propagase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade