Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha familia de venezolanos residentes en Marín, entre os desaparecidos tras os terremotos

Unha familia de venezolanos residentes en Marín, entre os desaparecidos tras os terremotos

Foi o colexio onde os nenos están escolarizados o que deu a voz de alarma

Trátase dunha familia de catro membros que cada ano adoitaba viaxar a Venezuela ao finalizar o curso

O cónsul venezolano en Vigo fai un chamamento á calma; a Xunta non ten constancia de vítimas galegas

(Reuters/Leonardo Fernández Viloria) (Reuters/Leonardo Fernández Viloria)
G24.gal 26/06/2026 13:47 Última actualización 26/06/2026 14:22

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou de que unha familia, de catro persoas, que se atopaba de viaxe en Venezuela está desaparecida tras os terremotos.

Nun audio remitido aos medios, a alcaldesa detallou que foi o colexio onde os nenos están escolarizados o que, na xornada do xoves, deu a voz de alarma.

"Puxéronse en contacto comigo, en concreto o colexio, onde os seus fillos acaban de terminar o curso o venres, e parece ser que o sábado marchaba, coma todos os anos, a Venezuela coas súas familias", detallou.

A alcaldesa remarcou que se manterá en comunicación cos organismos oficiais para obter información e expresou a súa solidariedade "con todo o mundo" que está a sufrir esta situación. "Por suposto, ofrecer a axuda na medida das posibilidades que nós temos", remarcou.

O Concello de Marín convocou un minuto de silencio para o luns ás 12:00 horas como mostra de apoio ao pobo venezolano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade