Arde un camión en plena A-6 e provoca retencións na saída de Lugo cara á Coruña
Non foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias, dado que o condutor non presentaba danos
Un camión que ardeu esta mañá en plena Autovía do Noroeste (A-6), sen causar danos persoais, provocou importantes retencións de tráfico na saída de Lugo cara á Coruña, debido ás restricións que houbo que aplicar na circulación para que puidesen actuar as dotacións de bombeiros que se trasladaron ao momento.
Segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o 112 foi informado deste incidente ás 11:07 minutos deste venres, o que motivou que fosen mobilizados os bombeiros da cidade para tratar de sufocar o lume no vehículo pesado.
Non foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias, dado que o condutor non presentaba danos.
O incendio produciuse no quilómetro 5 da Autovía do Noroeste, á altura de Pías, en sentido Á Coruña, xusto na saída do polígono industrial do Ceao.