Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gasto medio dunha persoa en vacacións chega aos 1.389 euros

O gasto medio dunha persoa en vacacións chega aos 1.389 euros

Segundo un estudo de hábitos de consumo, cada español destina 11 días para ir de vacacións, como media

Os destinos de praia e os europeos son os máis demandados

Para os españois viaxar no verán é unha prioridade
G24.gal 26/06/2026 14:36

Queda nada para as vacacións, e un 95 % dos españois ten pensado escapar da rutina.

"O que miramos é a Costa Azul, o sur de Francia". "Por aquí, a San Vicente". "Vou a Colombia e vou unha semana".

Segundo un estudo que analiza os hábitos de consumo dos españois durante as vacacións, este verán destinaremos unha media de 11 días para cambiar de aires.

 "Son 10 días ou 9, máis ou menos".

O presuposto medio supera o 1.300 euros, case un 4 % máis ca hai un ano.

"Compartimos os dous os gastos, pero son case 2.500 euros todo".

E cal é a partida que supón máis gasto?

 "O gasto máis alto é no aloxamento, nos hoteis", confirma Pedro Fole, director dunha axencia de viaxes en Santiago.

Aínda que hai quen financia as vacacións, un 71 % recorre a cartos previamente reservados e un 15 %, aos aforros.

"Aforramos, si. Prefiro non financiar as vacacións, prefiro pagalas eu".

E malia levar un control de gastos, moitos deixarán algo para caprichos e imprevistos.

"Hai que gozar, porque se non... É como moita xente que di 'gastei unha chea de cartos'; a que fuches, non sabes que os ías gastar?".

A praia segue sendo a opción preferida. Este ano tamén aumentaron moito as reservas por Europa.

"Baixaron as vendas para longa distancia e medraron en Europa e logo por suposto o destino nacional tamén é un destino seguro que a venda medrou bastante", explica Pedro Fole.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade