Illas Canarias, Baleares ou facer un cruceiro; as opcións preferidas dos galegos para as vacacións deste verán
Illas Canarias, Baleares ou facer un cruceiro; as opcións preferidas dos galegos para as vacacións deste verán
Nas axencias de viaxes tamén teñen unha ampla demanda de circuítos por Europa
Tamén as Illas gregas, Albania e Cabo Verde son uns destinos que os galegos elixen con frecuencia
Os conflitos bélicos e o inicio da temporada alta encareceron os prezos das viaxes
Chega o verán e para moitos por fin o momento de coller as maletas para descansar e desconectar das obrigas laborais de todo o ano.
En Galicia, os principais destinos turísticos máis demandados seguen a ser as zonas de praia.
"En Galicia segue coma sempre as Canarias, Baleares. Tamén Illas gregas, Albania e comezando un pouco co norte de África, e Cabo Verde é un destino que aos galegos nos gusta moito", di María José Vázquez, directora de Viaxes Narón e membro da directiva da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.
Nas axencias de viaxes tamén teñen unha ampla demanda de circuítos por Europa.
Moitos dos viaxeiros xa teñen as vacacións organizadas ou polo menos claro os destinos preferidos.
"Menorca sería un bo destino ou as Canarias tamén", destaca unha posible viaxeira.
A situación xeopolítica, os conflitos bélicos e o inicio da temporada alta encareceron as viaxes.
"As Maldivas e todo iso freouse un pouco por culpa das compañías aéreas. Estase encarecendo porque hai menos prazas. As compañías reteron algún voo e hai menos prazas e máis demanda", asevera María José Vázquez, directora de Viaxes Narón e membro da directiva da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.
Moitos tamén se decantan polos cruceiros. Con gafas de realidade virtual coma esta, na axencia de viaxes ensínanlles aos clientes como sería a experiencia de viaxar nun barco.
"Seguen reclamándonos moito os cruceiros, nós saímos cun grupo o xoves que vén polas Illas gregas e Venecia", engade María José Vázquez.
"Vou ir con meus pais de cruceiro, saímos de Barcelona, dixéronme colle estes días, é medio sorpresa. Supoño que será a de illas gregas", destaca un turista.
Nas tan desexadas vacacións de verán, coas que cargar as pilas despois dun ano de traballo, cada vez máis persoas optan tamén por non complicarse, centrarse no descanso e no lecer e escoller viaxes en grupo con todo organizado.