Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ascensor do Monte de San Pedro habilitarase como miradoiro turístico

O ascensor do Monte de San Pedro habilitarase como miradoiro turístico

A cambio de uso divide coruñeses e turistas, e moitos apostan pola súa recuperación

G24.gal 30/07/2026 14:42

Foi un dos atractivos turísticos da cidade da Coruña desde a súa inauguración hai case 20 anos.

"Os turistas preguntan porque ven a bola abaixo. A min dáme pena dicirlles que non está en funcionamento", explica un guía turístico.

O ascensor botou a andar en 2007 para salvar os 100 metros de desnivel entre o paseo maritimo e o Monte de San Pedro. Chegou a sumar máis de 100.000 visitantes cada ano. Pero unha avaría deixouno nesta situación de abandono.

"Hai catro anos que non funciona. Parece ser que non era moi produtivo", diunha coruñesa.

O custo da reparación e a normativa de seguridade complican a súa recuperación. Pero desde o sector turistico da cidade botan man dos números e din que o Monte de San Pedro é o segundo espazo mais visitado de Galicia.

"O primerio é a Catedral de Santiago e o segundo o Monte de San Pedro cunhas 450.000 visitas" asegura o empresario, Luís Veira. 

E apostan porque non se perda este atractivo singular. da Coruña.

"Eu creo que habería que facer un pequeno esforzo desde o Concello. É verdade que hai que cambiar a maqunaria. Que se faga", cre o empresario, Luís Veira.

Entre os coruñeses, as opinións son dispares. "Unha pena. É certo que non lle ganaban moito pero era algo turístico". 

"Levo anos vindo aquí. Nunca o usei nin o vin en funcionamento".

E os turistas apostan pola súa recuperación. "Que pena, porque era algo moi turítico e atractivo".

Finalmente, a proposta é a de converter o ascensor nun miradoiro desde onde observar as espectaculares vistas da Coruña e de todo o golfo Ártabro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade