Publicador de contidos

Publicador de contidos

Voluntarios galegos especialistas en rescates colaborarán na busca de superviventes en Venezuela

Voluntarios galegos especialistas en rescates colaborarán na busca de superviventes en Venezuela

O grupo galego estará formado por dous bombeiros da Coruña, outros tantos de Ferrol, un de Estaleiros Navantia e dous do Consorcio Provincial da Coruña

Traballarán en colaboración coa ONG Acción Norte, que ten listo un equipo con catro rescatadores e tres cans de procura

REUTERS/Maxwell Briceno
G24.gal 26/06/2026 10:22

Galicia axuda tamén axuda a Venezuela. ​​Sete especialistas en rescates da Briegal, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia, saen este venres cara a Madrid. Son un grupo de bombeiros que inclúe profesionais de distintos servizos de emerxencias da nosa comunidade.

Nunha entrevista no Bos días da Televisión de Galicia un dos integrantes dese dispositivo, o bombeiro da Coruña David Hermida, explicaba o traballo que van desenvolver estes especialistas galegos en colaboración coa ONG Acción Norte, que ten listo un equipo con catro rescatadores e tres cans de procura.

As primeiras 48 horas serán as fundamentais. Asegurou que agardan atopar "un escenario moi complicado".

O presidente e fundador da ONG Briegal, Manoel Tato, sinalou que está á espera de recibir a confirmación para poder voar a Venezuela e axudar nas tarefas de rescate tras os terremotos.

"Temos un equipo conformado e estamos á espera de que nos dean a hora e saímos. Xa estamos preparados para saír para Madrid", asegurou este venres en declaracións a Europa Press.

Este bombeiro galego, natural de Ferrol, afirmou que "están listos" desde a mañá do xoves, pero necesitan recibir a confirmación de que dispoñen dun voo.

Así, o grupo galego estará formado por dous bombeiros da Coruña, outros tantos de Ferrol, un de Estaleiros Navantia e dous do Consorcio Provincial da Coruña

Un dos lugares onde "fan máis falta" é na Guaira, o estado máis afectado polos terremotos, pero unha vez cheguen Venezuela "poñeranse ás ordes do centro de control e mando para que nos asignen unha zona".

"Traballo haberá moito e era necesaria unha resposta máis rápida. Nos terremotos os equipos con cans teñen unha pinza de 72 horas, todo o que pase de aí atopar xente con vida complícase e, sobre todo, con temperaturas altas", apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade