Cargando resultados...
O Pesca 1 recupera o corpo dunha persoa que apareceu aboiando no mar en Baiona
Polo momento descoñécese a identidade do falecido que estaba na contorna do restaurante Rocamar
G24.gal
31/05/2026 20:15
Última actualización 31/05/2026 21:37
O helicóptero Pesca 1, do servizo de Gardacostas de Galicia, recuperou na tarde deste domingo o cadáver dunha persoa que apareceu aboiando no mar en Baredo, no concello de Baiona.
Unha parella que tomaba o sol na contorna do restaurante Rocamar alertou aos servizos de emerxencia sobre as 19:00 horas. Nun primeiro momento, desprazáronse ao lugar efectivos da Policía Local, da Garda Civil e do GES do Val Miñor.
Porén, o mal estado da mar obrigou a mobilizar unha embarcación da Garda Civil e o Pesca 1, que logrou rescatar o corpo da auga. Polo momento, descoñécese a identidade do falecido.