Cargando resultados...
Gardacostas rescata na ría de Vigo dous mozos que saíran navegar en caiac
Un deles estivo a piques de afundirse pero finalmente os dous foron rescatados e trasladados nunha lancha á illa de Toralla
Imaxe do rescate dos mozos. Gardacostas de Galicia
G24.gal
23/07/2026 21:25
O servizo de Gardacostas de Galicia rescatou na tarde deste xoves na ría de Vigo dous mozos que saíran navegar en caiac.
Un deles estivo a piques de afundirse.
Os dous rapaces foron trasladados no buque Valentín Paz Andrade ata a illa de Toralla.
Os servizos de emerxencias recomendan revisar sempre o material antes de saír ao mar, consultar o tempo, evitar a noite e levar sempre un medio para comunicarse.