Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gardacostas de Galicia estrea patrulleira de última xeración con base en Portonovo

Gardacostas de Galicia estrea patrulleira de última xeración con base en Portonovo

Pode navegar a gran velocidade sen perder a estabilidade grazas á tecnoloxía

Dende a creación deste servizo autonómico, hai 30 anos, levan salvadas 1.800 vidas

G24.gal 02/07/2026 14:00

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este xoves en Vilanova de Arousa a botadura da nova patrulleira, chamada Punta Faxilda, do Servizo de Gardacostas, unha embarcación de última xeración, que pode navegar a gran velocidade sen perder a estabilidade grazas á tecnoloxía. O xefe do Goberno galego destacou a aposta da Xunta pola modernización da frota deste servizo.

Punta Faxilda terá a súa base en Portonovo e operará entre as rías de Vigo e Arousa. É unha das 23 embarcacións, 9 delas patrulleiras, coas que conta Gardacostas de Galicia, ademais de dous helicópteros, vehículos e 140 efectivos para dar servizo os 365 días do ano.  Dende a creación deste servizo autonómico, hai 30 anos, levan salvadas 1.800 vidas.

O salvamento foi a súa función inicial, pero agora traballan sobre todo na loita contra a contaminación e o furtivismo. Só o ano pasado fixeron case 10.000 inspeccións, comisaron 36.000 aparellos e incautáronse de 28.000 quilos de especies mariñas.

Alfonso Rueda destaca o seu papel na protección da economía da costa e lembrou que dende o 2018 xa renovaron seis patrulleiras, ás que se sumará unha igual a Punta Faxilda a finais deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade