Recuperar tesouros agochados en restos de barcos afundidos
A Xunta e a Armada de Ferrol inician unha intervención para recuperar novos restos do Santa María A Anunciada, afundido na zona de Fisterra no século XVI
Os navíos da frota de Padilla partiron cara a Irlanda no 1596, pero nunca chegaron. Un forte temporal levounos contra a costa galega. O de punta Restelos é un deses galeóns afundidos.
O arqueólogo da Xunta de Galicia Miguel San Claudio explica que del se van recuperara entre outro material "un canón de bronce".
Alfonso Rueda e o conselleiro de Cultura coñeceron de primeria man a intervención arqueolóxica submariña que vai recuperar novas pezas de importante valor.
Rueda explicou que o obxectivo é "preservar os restos de posibles espolios e poñelos en valor". "Ter restos arqueolóxicos tan preto da costa, con tan fácil acceso, tamén é un recurso económico", concluíu.
Galicia foi ruta histórica das comunicacións por mar, e iso fai que atesoure algúns dos mellores xacementos arqueolóxicos subacuáticos.