Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece unha vivenda castrexa no xacemento da cidade romana de Armea, en Allariz

Aparece unha vivenda castrexa no xacemento da cidade romana de Armea, en Allariz

Un grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo acaba de desenterrar unha vivenda castrexa na parte alta do monte do xacemento ourensán

Os traballos forman parte da 15 campaña dun proxecto apoiado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o concello de Allariz e a Universidade de Vigo 

G24.gal 28/09/2026 14:25

Novos achados na cidade romana de Armea, no concello de Allariz, demostran que os castrexos habitaron estas terras antes da chegada dos romanos. Na campaña deste ano, a décimo quinta, o grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo desenterrou unha vivenda castrexa na parte alta do monte do xacemento ourensán.

O proxecto está dirixido por Alba Rodríguez, directora dos traballos de investigación en Armea, que chegou á excavación como estudante hai quince anos e que hoxe a dirixe co obxectivo de seguir traballando e poder responder as preguntas que se presentan agora, co novo achado dunha segunda vivenda castrexa. en palabras de Rodriguez" cren que "hgai máis e que a superficie, en tre cidade romana e castrexa podería abarcar catro hectáreas". 

Nestes momentos están en plenos traballos de conservación e protección porque, engade Alba Rodriguez, "o mantemento e a conservación é fundamental para poder seguir traballando e poñer en valor o patrimonio". En breve pasarán ao traballos de laboratorio onde analizarán todos os datos recompilados e farán as memorias. Convencidos de que en Armea "hai moito máis", agardan seguir tanto coas sondaxes como coa escola de de campo que reúne cada ano estudantes de España e Portugal, na campaña de 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade