A CIAG leva 15 anos revivindo en 3D edificios desaparecidos ou que quedaran no papel
Entre construcións e personaxes, levan uns 300 proxectos de recuperación do patrimonio
Un dos últimos é a recreación da rúa que Antonio Palacios ideou para Compostela e non chegou a facerse realidade
Así eran as Torres do Oeste de Catoira hai case mil anos contempladas nun traballo do CIAG.
"Xa que imos intentar difundir o patrimonio, imos facelo de maneira fidedigna. Traballamos con investigadores, con historiadores...", conta o xefe de proxectos do CIAG, Anxo Miján
O CIAG, o Centro Infográfico Avanzado de Galicia, creado hai 15 anos, leva terminados uns 300 proxectos do tipo amosar como era o Hotel Balneario da Toxa hai máis de 100 anos.
"É revivir esa memoria colectiva que estaba perdida", apunta Pedro Vilas, técnico de virtualización 3D
"Para que todo o mundo poida acceder e poida desfrutar do patrimonio que foi, que xa non temos, ou que nunca chegou a ser e que puidemos ter", di Miján
Un dos seus últimos traballos é a recreacion da rúa que Antonio Palacios proxectou en Compostela.
"Quedou en suspenso cando chegou a guerra e nunca se chegou a construír"
Si se chegou a construír en Santiago o Castelo da Rocha Forte.
"E todos os castelos que desapareceron nas Revoltas Irmandiñas!"
Forman proxectos que restitúen en 3D personaxes e arquitecturas perdidas.
"O meu favorito é o de Portomarín, o da antiga vila que quedou somerxida polo encoro de Belesar", sinala Vilas
"Na época en que Portomarín desapareceu había un fotógrafo na vila. Fíxolles fotos a todas e cada unha das casas de Portomarín. Se non fose por ese arquivo, este proxecto sería imposible", conta Miján
Noutros casos non existía foto ningunha, e só puideron tirar de crónicas escritas
"Dicían: 'O salón estaba iluminado por 709 candeas'. Entón, grazas a esa descrición tan pormenorizada, conseguimos reconstruír ese salón", relata Anxo Miján
Polo de agora son un equipo de 20 persoas revivindo pequenos mundos.