Culminan as obras da fortaleza de Monterrei
A Xunta investiu na rehabilitación integral do castelo máis de 17 millóns de euros
Nova etapa para a fortaleza de Monterrei. As obras reconverteron a vella casa cuartel en aloxamentos, o cárcere nun museo, o antigo Concello nun edifico para a veciñanza e a Torre de San Francisco nun miradorio.
O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, di que "queremos un monumento vivo e coidado que atraia visitantes, dinamice a economía local e fixe poboación no rural".
O espazo está chamado a converterse nun referente cultural e turístico.
Alfonso Rueda asegura que "toda esa xente que foi facendo medrar o número de visitantes a Galicia é unha xente que busca novas experiencias como esta e está disposta a pagar por elas. Esta comarca de Monterrei e toda Galicia no seu conxunto pode ter enormes alegrías con este tipo de apostas".
A Xunta investiu máis de 17 millóns de euros nesta rehabilitación que lle devolveu o esplendor ao Castelo de Monterrei.