Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nin no outono hai parada no xardín

Nin no outono hai parada no xardín

Neste tempo pódese aproveitar para despexar o terreo de follas e preparar o céspede

Pódense plantar algunhas árbores froiteiras, arbustos, mesmo plantar bulbos que florearán na primavera

 

G24.gal 13/11/2026 21:06

A chegada das chuvias non pode ser un impedimento para traballar no xardín. Contrariamente ao que se se pode pensar, nesta época hai moito traballo por facer.

Mentres acabamos de recoller os froitos de tempada, cómpre retirar as follas caídas

Estamos no outono e a auga e o vento dos últimos días axudou á que caera moita folla. É importante retirala e ademais "podemos usar as follas para compostar", explica María González, dende A Casa das Plantas, para ter un fertilizante de boa calidade para a primavera. 

Cómpre ademais preparar o céspede. A clave está en que drene ben e botarlle un fertilizante especial antes de que cheguen as xeadas fortes. 

"Porque onde se vai encharcar vai sufrir máis. Entón drenar o máximo posible e antes de que cheguen as xeadas fortes, botarlle fertilizante de liberación lenta, que é xa é propiamente para iso, que non sufra todo o inverno e que na primavera estea bonito".

Se buscamos un xardín colorido, é posible tamén no outono

Dende o rododendro que empeza a vir á camelia, que está na época, ou calquera outro arbusto duro, que aguante ben o inverno. Tamén é momento agora de plantar os bulbos de floración primaveral, como tulipáns e narcisos, que están entre os favoritos.

Época ideal tamén para plantar algunhas árbores froiteiras. Un veciño da Mariña viña buscando caquis e outro dos Ancares arando vermello. 

Outro dos traballos propios deste tempo pasa pola poda dalgunhas árbores. Son moitas as ferramentas que hai no mercado, pero hai unha moi práctica e que está a ter moi boa saída. Trátase da minimotoserra, tanto para xente maior como para que empeza na xardinería. 

Sexa a estación do ano que sexa, sempre que se traballe no xardín debemos traballar coa máxima protección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade